21/5/08

Cristina, de 5º B, recoméndanos...

Os libros son unha fonte de sabedoría. Hai distintas clases de libros: de amor, de poemas, de animais, de coches, de contos, de teatro, tebeos...hai libros de tódolos tipos. Os que máis me gustan son os de aventuras; cando os leo paréceme que son eu a protagonista. Neles hai moitos tipos de aventuras coma os de piratas, de alieníxenas, de fadas, de gnomos, de animais... e para tódolos gustos e idades.



"Valeira Varita: Enredos mágicos" é o libro que máis me gustou. Fala dunha fada que está preocupada polas súas amigas porque lles suceden cousas moi raras. Decide usar a súa máxia e entón a fada madriña castigaa con copias. Cando remata, ela máis as súas amigas, empezan a facer maxia.







"Regreso al reino de la fantasía, de Gerónimo Stilton" tamén é un libro que me gusta. É fermoso e está cheo de aventuras e misterio.



A min, de pequena, non me gustaba ler, pero agora ¡¡¡ divírtome!!! É cuestión de botarte a ler... e axiña lle collerás gusto, e se tes fortuna nunca te abandonará todo o mundo dos libros.

24/2/08

O último libro de Harry Potter xa está na biblioteca

"Harry Potter e as Reliquias da Morte" é o sétimo e último libro da serie de novelas de Harry Potter, escritas pola autora británica J. K. Rowling, que xa temos na nosa biblioteca e que podes levar en préstamo.

O libro publicouse o 21 de xulio de 2007, pechando a serie que comezou dez anos antes coa publicación de "Harry Potter y la piedra filosofal" en 1997. Este último libro narra os acontecementos que siguen directamente ao libro anterior: "Harry Potter y el misterio del príncipe" (de 2005), e conclúe co enfrentamento final, largamente esperado, entre Harry Potter e os seus aliados, e o mago oscuro Lord Voldemort e os seus servintes, os Mortífagos.

A Editorial Salamandra, dona dos dereitos de publicación do libro en español, publicou o libro en América Latina, España e Estados Unidos o 21 de febreiro de 2008 ás 18:30 horas (hora local). O mesmo día publicáronse ademais as edicións en catalán e galego. Esta edición tivo unha tirada inicial de aproximadamente un millón e medio de exemplares.

31/1/08

Novidades en DVDs

Os Reis deixáronnos uns agasallos que sabemos que vos gustan moito: unha morea de pelis que xa podedes levar en préstamo. Aquí tedes unha mostra pero tamén podedes consultar no Catálogo da biblioteca (OPAC) e en novidades.