21/5/08

Cristina, de 5º B, recoméndanos...

Os libros son unha fonte de sabedoría. Hai distintas clases de libros: de amor, de poemas, de animais, de coches, de contos, de teatro, tebeos...hai libros de tódolos tipos. Os que máis me gustan son os de aventuras; cando os leo paréceme que son eu a protagonista. Neles hai moitos tipos de aventuras coma os de piratas, de alieníxenas, de fadas, de gnomos, de animais... e para tódolos gustos e idades.



"Valeira Varita: Enredos mágicos" é o libro que máis me gustou. Fala dunha fada que está preocupada polas súas amigas porque lles suceden cousas moi raras. Decide usar a súa máxia e entón a fada madriña castigaa con copias. Cando remata, ela máis as súas amigas, empezan a facer maxia.







"Regreso al reino de la fantasía, de Gerónimo Stilton" tamén é un libro que me gusta. É fermoso e está cheo de aventuras e misterio.



A min, de pequena, non me gustaba ler, pero agora ¡¡¡ divírtome!!! É cuestión de botarte a ler... e axiña lle collerás gusto, e se tes fortuna nunca te abandonará todo o mundo dos libros.

24/2/08

O último libro de Harry Potter xa está na biblioteca

"Harry Potter e as Reliquias da Morte" é o sétimo e último libro da serie de novelas de Harry Potter, escritas pola autora británica J. K. Rowling, que xa temos na nosa biblioteca e que podes levar en préstamo.

O libro publicouse o 21 de xulio de 2007, pechando a serie que comezou dez anos antes coa publicación de "Harry Potter y la piedra filosofal" en 1997. Este último libro narra os acontecementos que siguen directamente ao libro anterior: "Harry Potter y el misterio del príncipe" (de 2005), e conclúe co enfrentamento final, largamente esperado, entre Harry Potter e os seus aliados, e o mago oscuro Lord Voldemort e os seus servintes, os Mortífagos.

A Editorial Salamandra, dona dos dereitos de publicación do libro en español, publicou o libro en América Latina, España e Estados Unidos o 21 de febreiro de 2008 ás 18:30 horas (hora local). O mesmo día publicáronse ademais as edicións en catalán e galego. Esta edición tivo unha tirada inicial de aproximadamente un millón e medio de exemplares.

31/1/08

Novidades en DVDs

Os Reis deixáronnos uns agasallos que sabemos que vos gustan moito: unha morea de pelis que xa podedes levar en préstamo. Aquí tedes unha mostra pero tamén podedes consultar no Catálogo da biblioteca (OPAC) e en novidades.




17/12/07

Cos libros tamén se xoga

Por Evelyn Ugalde / Clubdelibros.com



Es cierto, con ellos no se puede jugar fútbol o llevarlos a pasear en bicicleta, pero pueden convertirse en artífices de sueños, de aventuras y por qué no...de juegos.

Los libros, esos objetos que en ocasiones se ven muy cuadrados, muy blancos, muy llenos de letras, pueden, con la ayuda de mucha imaginación, transformarse en instrumentos que nos transporten a ese mundo maravilloso de los cuentos en donde las letras saltan, las hojas vuelan, los colores brillan y los personajes hacen fiesta.

¿Y sabías una cosa? Ese mundo está allí, en los libros, esperando que quieras entrar en él y que compartas junto a traviesos Marcos Ramírez, conmovedores Cocorí, hechizantes Harry Potter, curiosas Alicias, ingeniosos 3 ositos, amigables Gato Tiempo y demás amigos que te invitan a juegues con ellos.

13/12/07

Un libro interesante: "Un puerto a través del tiempo"


Viaxa aos portos da época que ti queiras. Descobre as magníficas ilustracións que ten este libro, qué edificios eran os que predominaban ou qué actividades tiñan lugar de forma habitual. Divírtete, ademais, seguindo os pasos dun personaxe que aparece en tódalas páxinas e que sempre provoca problemas.

Realmente interesante.

Compróbao e verás.

Pódelo atopar na sección de novidades.